top of page

Itinerario formativo

Formación regrada

Unha vez rematado o teu ciclo de formación profesional podes continuar estudos de formación regrada.

​

  • Que podo facer despois de rematar un ciclo de formación profesional básica?

​

Ao finalizar un ciclo básico pódese acceder directamente aos ciclos formativos de grao medio, para o que teñen reservado o 20% das prazas do ciclo medio que soliciten. O perfil de cada título indica os ciclos de grao medio con preferencia de acceso.

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-medio

​​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

 

  • Que podo facer despois de rematar un ciclo formativo de grao medio?

 

O alumnado cun título de técnico pode realizar outro ciclo medio ou acceder a un ciclo superior, para o que ten unha reserva do 20% das prazas dese ciclo; dentro desa quenda, ten preferencia o alumnado con título de técnico da mesma familia profesional que o ciclo de grao superior que se solicita. http://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-superior

​

Co título de técnico, tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.

 

  • Que podo facer despois de rematar un ciclo formativo de grao superior?

​​

No caso de ter finalizado un ciclo formativo de grao superior poderá acceder a calquera ciclo de grao medio ou de grao superior ou obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.

​

Ademais poderá acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.
 

As persoas que desexen mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da fase voluntaria da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). 

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-universidade

 

  • E se só supero algúns dos módulos dun título?

 

En calquera caso, sempre poderás retomar os estudos dese título ou de outro, tendo en conta que algúns módulos dun título poderán ser validados por módulos doutro.Ademais, se se trata dun título do plan de estudos LOE, dependendo dos módulos superados, poderás obter un certificado de estar en posesión dunha ou máis unidades de competencia.

http://emprego.ceei.xunta.gal/solicitude-de-certificado-de-profesionalidade

​​

Formación non regrada

  • AFD (Accións Formativas para Desempregados)

​

Son programas de formación para traballadores en situación de desemprego son xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través das súas xefaturas territoriais co obxecto de facilitarlles unha cualificación profesional de cara á mellora da súa empregabilidade.

http://emprego.ceei.xunta.gal/afd

​

  • Deputación

​​

A Deputación de Pontevedra desenvolve unha serie de estratexias de formación para desempregados co fin de favorecer unha incorporación cualificada ao mercado laboral, especialmente dos colectivos máis vulnerables.

Para iso, conta, na súa páxina web, cun enlace de emprego https://www.depo.gal/temas-emprego que recolle, dentro da categoría programas e proxectos,  as distintas iniciativas que teñen en marcha, dos que destacamos:

  1. Depoemprende II  para o fomento do emprendemento xuvenil  https://www.depo.gal/depoemprende-ii​

  2. Depointegraxoven:  cursos de formación para favorecer a integración de persoas novas desempregadas de entre 16 e 30 anos no mercado laboral https://www.depo.gal/depointegra-xoven.

 

  • ILES      

A Iniciativa Local de Emprego Social depende da Concellería de promoción Económica, emprego e Turismo do Concello de Pontevedra, dende a súa páxina web http://www.proxectoiles.es/ oferta cursos de formación para desempregrados de entre 16 e 30 anos que estean inscritos no Sistema nacional  de garantía xuvenil.

Please reload

bottom of page